lunes, 10 de abril de 2017

TEMPORADA 2016/2017

Xa podes darte de alta no Club para a temporada 2017!!

O procedemento é o seguinte:

1.- Se xa fuches socio/a durante temporadas anteriores: fai o ingreso da cota correspondente ao 2017 na conta do Club ou contacta con algunha das persoas da xunta directiva para entregarlla en metálico.

2.- Se nunca fuches socio con anterioridade: cubre primeiro o formulario de alta, envíao a voleipraiavigo@gmail.com e fai o ingreso da cota correspondente ao 2017 na conta do Club ou contacta con algunha das persoas da xunta directiva para entregarlla en metálico.

Os importes das cotas para o 2017 son os seguintes:

1.- Cotas de socio: 50 € socio/a deportista e 10 € socio/a colaborador
2.- Cotas de adestramentos: 30 € / mes para persoas non socias e 10 € / mes para persoas socias. Estas últimas teñen a posibilidade dun pago único anticipado de 20 € por toda a temporada.

O club está aberto a todas as persoas que desexen formar parte de el. Tedes toda a información detallada no arquivo que se achega no menú lateral

No hay comentarios:

Publicar un comentario