viernes, 2 de noviembre de 2018

TEMPORADA 2018/2019

Altas para a temporada 2018/2019:


1.- Se xa fuches socio/a durante temporadas anteriores: fai o ingreso da nova cota correspondente ao 2018/2019 na conta do Club ou contacta con algunha das persoas da xunta directiva para entregarlla en metálico.

2.- Se nunca fuches socio con anterioridade: cubre primeiro o Formulario de novas altas, envíao a voleipraiavigo@hotmail.com e fai o ingreso da cota correspondente ao 2018/2019 na conta do Club ou contacta con algunha das persoas da xunta directiva para entregarlla en metálico.


Os importes das cotas para esta nova temporada son os seguintes:

1.- COTAS SOCIOS: 50 € socio/a deportista (temporada verán) ou 70 € (temporada de inverno + temporada de verán) 
2.- COTAS DE ADESTRAMENTO: 30 € / mes para persoas non socias ou 10 € / mes para persoas socias.*
*Estas últimas teñen a posibilidade dun pago único anticipado de 20 € por toda a temporada de verán (maio-agosto).

O club está aberto a todas as persoas que desexen formar parte de el.


Vémonos nas praias!!!