Xa podes darte de alta no Club para a temporada 2020/2021:
1.- Le a información sobre o funcionamento do club durante a temporada 2020/2021 premendo no seguinte enlace: Organización do club 2020/2021.
2.- Se estás convencido e xa fuches socio/a durante temporadas anteriores: fai o ingreso da nova cota correspondente ao 2020/2021 na conta bancaria do Club.
3.- Se nunca fuches socio con anterioridade: cubre primeiro o Formulario de novas altas, envíao a voleipraiavigo@hotmail.com e, unha vez que recibas a nosa confirmación, fai o ingreso da cota correspondente.
Os importes das cotas para esta nova temporada serán os seguintes:
1.- SOCIOS/AS: 20 €
2.- ALTA NO PROGRAMA DE COMPETICIÓNS*:
50 € (maiores de 18 anos) ou 30 € (menores de 18 anos).
*Aquelas que xa conten co seguro deportivo da FGVb durante a temporada 2020/2021 terán un desconto de 20 € nesta cota.
3.- ESCOLA DEPORTIVA: 30 € / mes para persoas non socias ou 15 € / mes para persoas socias.