Xa podes darte de alta no Club para a temporada 2019/2020 seguindo o seguinte procedemento:
1.- Le con calma toda a información sobre o funcionamento do club durante a temporada 2019/2020.
2.- Se estás convencido e xa fuches socio/a durante temporadas anteriores: fai o ingreso da nova cota correspondente ao 2019/2020 na conta do Club ou contacta con algunha das persoas da xunta directiva para entregarlla en metálico.
3.- Se nunca fuches socio con anterioridade: cubre primeiro o formulario de alta, envíao a voleipraiavigo@hotmail.com e, unha vez que recibas a nosa confirmación, fai o ingreso da cota correspondente á temporada 2019/2020 na conta do Club.
Os importes das cotas para esta nova temporada serán os seguintes:
1.- COTAS SOCIOS/AS DEPORTISTAS: 70 € (maiores de 18 anos) ou 50 € (menores de 18 anos).
*Aquelas que xa conten co seguro deportivo da FGVb durante a temporada 2019/2020 terán un desconto de 20 € na súa cota de socio/a.
2.- COTAS DE ADESTRAMENTO: 30 € / mes para persoas non socias ou 10 € / mes para persoas socias.*
*Estas últimas teñen a posibilidade dun pago único anticipado de 20 € por toda a temporada de verán (maio-agosto).
Vémonos nas praias!!!
Vémonos nas praias!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario