Xa está dispoñible toda a información sobre a temporada 2022/2023!
Se estás interesado/a en unirte ao club, le con calma o documento sobre a Organización do club 2022/2023.
Se unha vez lido segues convencido/a, cubre o formulario correspondente:
- Formulario de alta xogadores/as para persoas que queiran competir polo noso club e tamén para aquelas que queiran incorporarse aos nosos grupos de adestramento organizados para mellorar o seu nivel de xogo.
- Formulario de alta de novas persoas socias se queres formar parte como socio/a do club.
Unha vez feito, envíao ao noso correo electrónico voleipraiavigo@hotmail.com e agarda a nosa confirmación.
Se tes algunha consulta non dubides en contactar connosco. Vémonos nas praias!!!